ANPA CELENIS

Definición
As asociación que constitúen os país, nais e titores nos centros docentes, terán, a efectos legais, o carácter de asociación de país de alumnos cunhas finalidades e estatutos específicos.
(artº 3 da Orde do 16 de xaneiro de 1987 (DOG 22-1-87))
Finalidades
*Asistir aos país ou titores en todo aquello que atinxe á educación dos seus fillos ou pupilos.
* Colaborar nas actividades educativas dos centros.
* Promove-la participación dospais e nais de alumnos no exercicio do seu dereito a interviren no control e xestión dos centros sostidos con fondos públicos.
* Facilita-la representación e a participación dos país de alumnos nos consellos escolares dos centros públicos e concertados e noutros órganos colexiados, se é o caso.
* Calquera outras que, dentro da normativa vixente lle asignen os seus respectivos estatutos.
(artº 5 da Orde do 16 de xaneiro de 1987 (DOG 22-1-87)
Actuacións en relación co centro
*Propoñer un representante seu para formar parte do consello escolar do centro (se houbera máis dunha asociación nun centro, só a asociación máis representativa o poderá proponer).
*Elevarlle propostas ao consello escolar para a elaboración do proxecto educativo e ao equipo directivo para a elaboración da programación xeral anual.
*Informar ao consello escolar daqueles aspectos da marcha do centro que consideren oportuno.
*Informar aos asociados da súa actividade.
*Recibir información, a través dos seus representantes no consello escolar, sobre os temas tratados nel.
*Elaborar informes para o consello escolar a iniciativa propia ou petición deste.
*Elaborar propostas de modificación do Regulamento de réxime interior.
*Formular propostas para a realización de actividades complementarias e extraescolares que, unha vez aceptadas, deberán figurar na programación xeral anual.
*Coñece-los resultados académicos referidos ao centro e a valoración que deles realice o consello escolar.
*Recibir un exemplar da programación xeral anual, do proxecto educativo, dos Proxectos curriculares de etapa e das súas modificacións.
*Recibir información sobre os libros de texto e os materiais didácticos adoptados polo centro.
*Fomenta-la colaboración entre tódolos membros da comunidades educativa.
*Facer uso das instalación do centro nos termos que estableza o consello escolar de acordo coa lexislación vixente.
(Decreto 374/96, do 17 de outubro (DOG21-10-96), para educación infantil e primaria)
(Decreto 324/96, do 26 de xullo (DOG 9-8-96), para educación secundaria).
*Dispoñer dun local para o desenvolvemento das actividades internas, sempre que as disponibilidades do centro o permitan.
(art º 10.3 da Orde do 16 de xaneiro de 1987 (DOG 22-1-87)

No hay comentarios:

Publicar un comentario